CompañÃas de teatro, salas de concertos, librarÃas, artistas musicais, escritores, editores, xente das artes plásticas, audiovisuais e gráficas e todo tipo de axentes individuais ou colectivos vinculados ao ámbito da cultura da cidade da Coruña conforman o colectivo VAI Coruña que se presentou fai uns dÃas cun acto nos xardÃns de Méndez Núñez. Tal e como reza o manifesto lido nesa ocasión, VAI nace froito dun exercicio de consenso e reflexión realizado por parte activa dos sectores organizados no eido cultural da cidade para integrar as máximas sensibilidades e xeitos de entender a cultura, para atopar respostas ante unha situación excepcional, e para traballar con mirada longa pola cultura da Coruña. Coa vista posta na reactivación cultural da cidade herculina o colectivo que agora dá os seus primeiros pasos de xeito informal busca aglutinar ao máximo número de axentes culturais da cidade da Coruña, incluÃndo aos seus públicos diversos para apoiar a acción cultural da cidade baixo parámetros de sustentabilidade, proximidade, diversidade e vocación común.
A nivel colectivo dentro da plataforma xa están as seccións locais de asociacións de ámbito galego como Clubtura e Músicas ao Vivo, asà como a asociación de librarÃas de Coruña. Nos obxectivos comunicados polo seu manifesto fundacional o colectivo pon tamén a vista en "establecer as pautas para a posta en valor do feito cultural, asà como dos axentes que posibilitan o mesmo en toda a súa cadea de valor: artistas, espazos de distribución, públicos, xestores, etc". VAI Coruña buscará manter interaccións construtivas coas diferentes administracións públicas, con especial atención ao eido local. As súas actividades e accións irán complementadas nos medios sociais polo cancelo #PolaCulturaDaCidade. Malia que agora mesmo aÃnda non teñen un espazo web público de encontro para contactar con eles dispoñen do correo electrónico vaicorunacultura@gmail.com . Esta iniciativa civil, coma a recentemente posta en marcha dun Censo Cultural en Vigo, son respostas interdisciplinares dos propios axentes culturais ante unha situación na que a cultura afronta unha forte crise arrastrada desde fai tempo e comezan a ser unha tendencia nos núcleos de poboación máis grandes.