Os vintecinco anos de traballo que sobre o bosque de Ridimoas, en Beade, veñen realizando un grupo de veciños da zona do Ribeiro vÃronse recompensados a pasada semana coa concesión do premio "Félix RodrÃguez de la Fuente" organizado pola compañÃa de seguros Plus Ultra. Este galardón, que recoñece o labor desenvolvido por unha organización non gubernamental a favor dun bosque, premiou o plano de recuperación do bosque que inclúe a merca de terreos para facilitar a conservación da zona e a eliminación de flora foránea da zona entre outras moitas actividades.
Ridimoas
AÃnda que Asociación Ecoloxista Ridimoas foi fundada en 1989, a actividade de conservación sobre o bosque xa comezou cara a 1976, coa actividade desenvolvida desde o Instituto de Ensino Secundario de Rivadavia. Coa constitución como asociación en 1989 comezou unha nova campaña de conservación, consistente en comprar parcelas de terreo no bosque e realizar sobre elas tarefas de recuperación de flora, fauna e solo. Actualmente son xa 150 as hectáreas en propiedade dos novecentos socios con que conta a asociación, e todas elas están protexidas coma vedado de caza e de pesca. Os cartos necesarios para realizar estas compras proveñen na súa maiorÃa das cotas dos socios e vense complementados cos diferentes premios que veu recibindo a asociación desde a súa creación. Entre estes cóntanse algúns tan destacados coma dous premios Bandeira Verde de Galicia en 1998 e 1999 polo labor de conservación de bosque autócono e da biodiversidade, o Premio Unesco ó mellor labor educativo ou o Premio Ano Europeo do Medio Ambiente cando se creou a asociación.
Unha longa historia
Para facerse co premio RodrÃguez de la Fuente houbo que realizar unha extensa memoria das actividades realizadas desde 1976. Segundo nos comentou o presidente da asociación, Pablo RodrÃguez, o resultado foi un árido e groso volume ó que acompañaba un dossier de prensa. Para facer máis sinxela a comprensión do texto, RodrÃguez, que xa nos anos setenta destacou coma debuxante de banda deseñada co nome artÃstico de Oitabén, engadiu ó final de cada páxina unha tira na que se resumÃa o contido da mesma. Segundo el, esta foi unha das claves para acadar o premio, xa que no xurado se atopaba o coñecido debuxante Antonio Mingote.
Actividades
Entre as actividades que recollÃa este dossier podÃase ver desde o plano de elminación de mimosas que aÃnda hoxe ten en marcha este colectivo ata a recuperación dunha variedade botánica tan rara coma a Cerdeira de acio, da que non chega a haber cincuenta exemplares en Galicia. Segundo RodrÃguez, gracias ó labor que veñen desenvolvendo no bosque, actualmente teñen oito árbores adultas e cinco máis agardando a que se merque un hábitat axeitado cara onde poder transplantalas.
Outra actividade que a asociación está a desenvolver no bosque é o seguemento do seu hábitat dentro do programa Globe da NASA en colaboración co Ministerio e a ConsellerÃa de Educación. Mediante este programa, a situación do bosque é controlada constantemente por satélite e desde a asociación envÃanselle á NASA rexistros semanais sobre a situación da fauna, a flora, o solo e a auga.
A Asociación vén de rematar tamén o Censo de Fauna Vertebrada do Ribeiro, que recolle a evolución deste tipo de animais na zona desde os anos sesenta, detectando extinción, reintroduccións e evolución de poboacións. Como proxectos para o futuro, a asociación pretende continuar a mercar terreos do bosque e seguir realizando labores de recuperación de fauna e de flora autóctonas.
Premio
O premio Félix RodrÃguez de la Fuente foi instituÃdo pola compañÃa de seguros Plus Ultra en 1981, un ano despois da morte do naturista que lle dá nome. A compañÃa, que aseguraba a viaxe na que se produciu a morte de De la Fuente, pretendÃa con este certame premiar o labor educativo e de conservación da natureza. Nesta edición, premiábase o labor desenvolvido por unha ONG desde 1977 a favor da conservación dun espacio natural concreto. A contÃa do premio era dun millón de pesetas, que se entregará o vindeiro dÃa quince na Coruña.