Tecedeiras inicia os seus obradoiros de escrita creativa en liña

Mario Regueira, Lorena Souto e Eduardo Estévez fan parte deste novo proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Tecedeiras inicia os seus obradoiros de escrita creativa en liña

Este 1 de xullo de 2020 bota a andar o primeiro dos obradoiros de escrita creativa en liña de Tecedeiras. Este novo colectivo orientado a formación e composto polos autores Mario Regueira, Lorena Souto e Eduardo Estévez, aposta pola dinámica en liña como un dos seus eixes fundamentais de traballo. A partir da experiencia desenvolvida durante o confinamento, Tecedeiras propón sesións semanais de dúas horas para tres grupos, cun máximo de sete persoas por grupo.

A dinámica destes obradoiros baséase no comentario colectivo de textos dos participantes "un proceso talvez máis lento pero que permite interiorizar moito mellor os conceptos e comprender como as cuestións técnicas teñen aplicación real nos textos concretos", segundo explican na presentación do proxecto. A empresa non desbota iniciar actividades presenciais de formación literaria segundo as circunstancias o permitan.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Novos formatos para a cultura

Ver serie completa
Autocines: As proxeccións cambian de marcha

Autocines: As proxeccións cambian de marcha

A popularización deste formato no verán da Covid-19 non garante a súa continuidade

O NUMAX achega a Galicia as conferencias performativas

O NUMAX achega a Galicia as conferencias performativas

Misha Bies Golas, Macarena Montesinos, Jacobo Bugarín, Suso Fandiño, Xisela Franco e Alejandra Pombo estrearán o formato

FLIV: A literatura na rede vén para ficar

FLIV: A literatura na rede vén para ficar

O Festival Virtual do Libro de Galicia innova na presentación da cultura a través da Internet

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eduardo Estévez, Mario Regueira

Claves