Eli Ríos e Eduardo Estévez gañan o certame de poesía erótica Illas Sisargas

Os autores presentáronse coa obra conxunta rúa da cancela

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O IV Certame de Poesía erótica Illas Sisargas fallouse a favor dunha obra asinada por dúas mans. Eduardo Estévez e Eli Ríos son os autores de , a obra recoñecida co premio convocado pola Asociación Cultural Caldeirón e o Concello de Malpica e que é o único en Galicia neste xénero da poética. Eduardo estévez, colaborador de Culturagalega.org co poemario esca e pedra , ten publicado varios libros de poesía e recolleu varios premios na súa traxectoria literaria. Eli Ríos acadou neste mesmo ano o XII Premio de Poesía Concello de Carral, actualmente en fase de publicación, pola obra Nós escoitando o badalo en Marienplatz. O fallo deuse a coñecer o sábado 21 na Cea das Letras de Malpica onde se presentaron tamén os libros galardoados na anteruior edición do certame: Xoguetes póstumos (de Emma Pedreira) e Alentar na túa Rosa (de Paco Souto).

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Eduardo Estévez, Eli Ríos, Malpica...