Mario Regueira faise co XIII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas

Marco Livornio valeulle o galardón literario que convoca o Concello de Malpica

Mario Regueira na entrega do Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas
Mario Regueira na entrega do Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas
O poemario Marco Livorno valeulle a Mario Regueira facerse co XIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. A Casa da Cultura de Seaia acolleu o pasado sábado 3 de novembro a cea das letras na que o vencedor recibiu o premio, dotado con mil euros e a publicación da obra. O xurado, integrado por Paco de Tano, Eduardo Estévez, Elvira Riveiro e Antón Noceda como secretario, destacou da obra o ser "un sorprendente percorrido por relacións eróticas diversas e plurais, nun ton épico, case elexíaco". Segundo Regueira, trátase dun "libro bastante especial e bastante estraño”, que aborda o erotismo desde unha perspectiva homosexual. O acto, no que houbo palabras de lembranza para o falecido Paco Souto, un dos impulsores do cartame, serviu tamén para presentar a obra gañadora da edición pasada, Diáspora de amor balea, de Andrea Nunes e María Rosendo.