Clara Vidal faise co XVIII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas

A autora levou o galardón dotado con 1.500 euros coa obra Masaxe con argán mal pronunciada

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Clara Vidal. Fonte: Blog da autora.

Clara Vidal. Fonte: Blog da autora.

A Cea das Letras que se celebrou en Malpica de Bergantiños este 11 de novembro foi escenario da entrega do XVIII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas. O xurado deste galardón escolleu como gañador desta xeira o poemario Masaxe con argán mal pronunciada de Clara Vidal. A autora recibiu un trofeo de cerámica de Buño e 1.500 euros en metálico, e verá a súa obra publicada coa editorial Caldeirón o vindeiro mes de maio.

O fallo destaca "a obra no seu conxunto como un poemario de ausencia doce, onírico e altamente sensual, no que os versos frescos e curtos son dunha contundencia inequívoca".

Diana Rey Martínez (Diana Kurich), gañadora da XVII edición, Teresa Ríos, en representación do Concello de Malpica e Olga Rodríguez Díaz, en representación da Editorial Caldeirón conformaron o comité que seleccionou o traballo gañador entre os 21 presentados ao certame. A Asociación Cultural Caldeirón convoca este premio coa colaboración do Concello de Malpica de Bergantiños.

Que che parece esta nova?
102 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Malpica, Bergantiños

Claves

Conceptos