Alberte Momán e Verónica Martínez Delgado gañan o Certame de Poesía Erótica de Malpica

A obra O episodio impúxose entre as 24 obras presentadas

11/11/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Unha obra escrita a catro mans, O episodio, impúxose na IX edición do Certame de Poesía Erótica de Malpica. Os seus autores, Alberte Momán e Verónica Martínez Delgado impuxéronse entre os 24 orixinais presentados ao premio cun poemario que o xurado calificou como "unha proposta literaria arriscada". Canda a publicación da obra, que está prevista para dentro dun ano, os gañadores repartirán 1.000 euros e levarán unha figura de cerámica de Buño. O galardón entregouse no marco da Cea das Letras que se celebrou nesta localidade o pasado día 8 e que contou tamén coa presenza de Ramón Neto, gañador da anterior xeira do certame.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alberte Momán, Poesía, Malpica, Ramón Neto...