Elvira Riveiro gaña o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

O xurado seleccionou carnia haikai entre as dezaseis obras presentadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A escritora e crítica Elvira Riveiro Tobío fíxose co Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas na súa sexta edición, impóndose entre as 16 obras presentadas. carnia haikai é o título da obra que lle reportará 1.000 euros e que será publicada pola Asociación Cultural Caldeirón. O xurado deu a coñecer o seu fallo o pasado sábado 12 e destacou "a estrutura orixinal e ben tramada dun libro con moita entidade propia, a concreción na temática de referencia, o sorprendente uso da linguaxe e o tratamento orixinal e suxerente da sensualidade". No acto no que se fixo público o fallo tamén se presentou a obra Amantes de María Lado, gañadora da anterior edición do certame.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Elvira Riveiro Tobío, María Lado

Claves

Conceptos