O Concello de Malpica e a Asociación Cultural Caldeirón deron a coñecer este 9 de novembro o fallo do XV Certame de PoesÃa Erótica Illas Sisargas. O xurado seleccionou o poemario O cuarto de Jane de Charo Pita como vencedor a sinalar que se trata de "un libro transgresor, pola súa beleza e pola frescura coa que se aborda o erotismo, sempre de forma directa, sen complexos, libre" e destaca o ser un traballo "moi ben construÃdo, radicalmente heterodoxo, protagonizado por mulleres e onde a poesÃa brilla na transparencia de cada verso". Tamén se lle outorgou un accésit a Laura Ramos Cuba por rascamaceiras. A gañadora recibirá un premio de 1.000 euros e as dúas autoras seleccionadas verán as súas obras publicadas pola Asociación Caldeirón.
Pola súa banda Francisco Rozados alzouse coa primeira xeira do Premio Nós de Relato, que convoca o Concello de Ourense e que está dotado con 3.000 euros. A miña vila é o tÃtulo da obra, "un relato costumista que nos fala de personaxes senlleiras dunha vila cunha linguaxe moi coidada e moito humor e retranca". Maria Cristina Rey obtivo o segundo premio por A liña 15C e Manuel Darriba o terceiro por Cabalgar. As tres obras serán publicadas nun único volume.
O Concello de Ponteareas deu coñecer o fallo do VIII Premio de Investigación FermÃn Bouza Brey, que foi para o doutor en economÃa Damián Copena RodrÃguez. O seu traballo "Manexo comunitario dos recursos naturais: pasado, presente e futuro dos montes veciñais en man común de Ponteareas" foi recoñecido con este galardón dotado con 3.000 euros pola súa análise sobre estas institucións e o seu xeito de goberno.
Un galardón literario que ficou deserto nos últimos dÃas foi o Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, que convoca a Editorial Galaxia con Barbantia e o Concello da Pobra do Caramiñal. A baixa calidade das obras presentadas levou ao xurado a non escoller un traballo gañador nesta terceira edición.