Malpica lembra a Paco Souto coa I Feira do Libro de Poesía

O mercado da vila acolle o evento entre o 1 e o 3 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Malpica lembra a Paco Souto coa I Feira do Libro de Poesía

O Mercado Municipal de Malpica acolle entre 1 e o 3 de xuño a primeira edición da Feira do Libro de Poesía Paco Souto. A Asociación Cultural Caldeirón, co apoio do Concello de Malpica e da Asociación Cultural Malante, organiza este encontro que quere homenaxear o autor local falecido hai agora un ano. As librarías Chan da Pólvora de Compostela, Sisargas da Coruña e Miguens de Malpica instalarán os seus postos de venda, mentres o evento contará coa presenza de autores como Viki Ribadulla, Peter Kramer, Abraham Vila, Mon Lendoiro e Milagros Cotelo, Rosalía Fernández Rial, Andrés Mourente, Eduardo Estévez, Marta Dacosta ou Xurxo Souto, que lerá o pregón do evento. Un recital de poemas de Paco Souto abrirá o evento.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Malpica, Feira do Libro, Poesía, Eduardo Estévez...