Muxía acolle unha xornada sobre Rosalía de Castro e a Costa da Morte

O Parador da localidade centra o programa previsto para o 31 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Muxía acolle unha xornada sobre Rosalía de Castro e a Costa da Morte

A Fundación Rosalía de Castro explora a relación da autora coa Costa da Morte cunha xornada temática este sábado 31 de outubro. O Parador de Muxía será a sede principal de Rosalía na Costa da Morte, un encontro que contará con relatorios de María López Sández e Manuel Vilar, que explorarán os vínculos da autora coa comarca na que ambientou a súa primeira novela, La hija del mar. O programa inclúe ademais un roteiro rosaliano pola vila guiado por Viki Ribadulla e outro poético-musical da man de Xurxo Souto. A cita finalizará cun recital a cargo de Rosalía F. Rial, Modesto Fraga, Estevo Creus, Miro Villar, Alexandre Nerium, Rafael Lema, Concha Blanco e María Canosa ao que seguirá un concerto de Belém Tajes. Para participar no evento cómpre reservar no correo da Fundación Rosalía (fundacionrosaliadecastro@gmail.com).

Que che parece esta nova?
116 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Da costa á rede

Da costa á rede

O web Finisterrae recupera a produción do Batallón Literario da Costa da Morte

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Costa da Morte, Rosalía de Castro, Muxía...