Vimianzo acolle unha xuntanza literaria en lembranza do Batallón Literario da Costa da Morte

Rexoubeo poético

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Coa idea do Batallón Literario da Costa da Morte como inspiración as asociacións Axvalso e Cherinkas, xunto co Concello de Vimianzo, co-organizan unha xuntanza de poetas nunha nova edición do “Rexoubeo poético”. Escritores vencellados ao extinto Batallón Literario e outros participarán o sábado no acontecemento no edificio de A Torre; un libro recollerá as composicións poéticas ou narrativas dos autores que participan. Están convidados pola organización Davide Creus, Suso Bahamonde, María Lado, Alexandre Nerium, Manuel Oliveira, Xosé Manuel Lema, Rafa Villar, Miro Villar, Xandra Tedín, Marilar Aleixandre, Alberto Mira, Modesto Fraga, Abel Méndez, Paco Souto, Xavier Fidalgo e Cándido Domínguez.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Da costa á rede

Da costa á rede

O web Finisterrae recupera a produción do Batallón Literario da Costa da Morte

Poetas a ollar o mar

Poetas a ollar o mar

A Costa da Morte é berce dunha importante produción poética no noso país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Costa da Morte, María Lado, Miro Villar...