Da costa á rede

O web Finisterrae recupera a produción do Batallón Literario da Costa da Morte

15/10/2012 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
1 lecturas | Compartido 0 veces

O Batallón Literario no I Encontro de Escritores/as da Costa da Morte

Foi un dos movementos poéticos que marcaron a renovación literaria dos anos noventa. O Batallón Literario da Costa da Morte, un colectivo polo que desfilaron nomes coma Marilar Alexandre, Suso Bahamonde, David Creus, Estevo Creus, Modesto Fraga, María Lado, Xoán Alberte Moure, Alexandre Nerium, Helena Pérez García, Paco Souto, Miro Villar e Rafa Villar entre outros. O grupo desenvolveu un intenso labor creativo e de difusión, con recitais, presentacións actos e publicacións situaron esta comarca coruñesa no mapa das nosas letras e influíron na poesía galega do momento.
Agora, o web Finisterrae publica en liña todos os traballos que este grupo tirou do prelo. Catro números da publicación periódica Feros Corvos e mais o volume colectivo Nós permiten achegarse á produción poética do colectivo.

Universo culturagalega.gal

03/09/2009

Poetas a ollar o mar

A Costa da Morte é berce dunha importante produción poética no noso país