O Mapa poético da Costa da Morte acada un grande éxito

Diferentes medios recensionan a adaptación a Google Earth da escolma De Pondal ao Batallón Literario

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A xeolocalización de boa parte dos poemas da obra De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte que realizou Culturagalega.org a pasada semana está a colleitar unha chea de boas críticas. O proxecto, que consiste en situar nun arquivo de Google Earth os poemas desta escolma (feita por Miro Villar e Modesto Fraga) que conteñen referencias xeográficas, foi xa comentando en medios galegos coma La Voz de Galicia, Vieiros, Finisterrae, Fervenzas Literarias ou Qué pasa na costa ou o web da Asociación de Escritores en Lingua Galega. A maiores, medios foráneos coma Periodistas 21, Soitu ou o blog Todocartografía fixéronse eco da proposta. En xeral, as críticas coinciden en sinalar o orixinal da iniciativa e as posibilidades que achegan as novas tecnoloxía para a difusión da literatura.

Descarga aquí o arquivo para ver o Mapa poético da Costa da Morte en Google Earth:
Descarga aquí o KMZ

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Da costa á rede

Da costa á rede

O web Finisterrae recupera a produción do Batallón Literario da Costa da Morte

Poetas a ollar o mar

Poetas a ollar o mar

A Costa da Morte é berce dunha importante produción poética no noso país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Costa da Morte, Google, Miro Villar...