O habitual simposio que a Real Academia Galega lle dedica ao autor homenaxeado no DÃa das Letras Galegas celebrarase nesta ocasión na sede da institución na Coruña. Entre os vindeiros 22 e 24 de novembro diferentes investigadores abordarán as múltiples facetas de Manuel MarÃa. Segundo anuncia a RAG, será DarÃo Xohán Cabana o responsable de abrir este encontro, e acompañarano na primeira sesión Marta Dacosta, Manuel López Foxo e RosalÃa Fernández Rial nunha mesa redonda sobre a poesÃa do autor. Un recital a cargo de Marica Campo, RosalÃa Fernández Rial, Marta Dacosta, Cesáreo Sánchez e Xulio López Valcárcel fecha o programa da xornada.