Falece o poeta e activista cultural Paco Souto

Un acto cívico na súa memoria desenvolverase esta tarde en Malpica

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Paco Souto. Fotografía de Distrito Xermar (2015). AELG

Paco Souto. Fotografía de Distrito Xermar (2015). AELG

O poeta, editor e activista político e cultural Paco Souto, nado na Coruña en 1962, falecía onte. Un accidente mentres estaba a faenar recollendo percebes na costa de Razo, Carballo, semella ter sido a causa da morte. Souto era o responsable de iniciativas como a Colección Caldeirón e foi un dos promotores de iniciativas históricas como Letras da Cal ou Edicións do Dragón e membro do Batallón Literario da Costa da Morte. A súa obra, centrada fundamentalmente na poesía, abrangue obras como As árvores do incesto, galardoada co Premio Espiral Maior, As horas de María, polo que levou o Johán Carballeira ou, aínda no pasado outono, o máis recente E caín. Ademais, desenvolveu un intenso labor dinamizador na Costa da Morte á fronte da Asociación Caldeirón. O Tanatorio de Malpica acollerá hoxe, ás 15.15 horas, un acto cívico de homenaxe.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Faleceu Manolo Soto

Activista cultural e político fora un dos pais do Festival de Poesía do Condado

Da costa á rede

Da costa á rede

O web Finisterrae recupera a produción do Batallón Literario da Costa da Morte

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Malpica, Costa da Morte, Poesía...