Faleceu Manolo Soto

Activista cultural e político fora un dos pais do Festival de Poesía do Condado

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Foi un dos promotores do Festival de Poesía do Condado e desenvolveu un intenso labor de dinamización cultural desde a Sociedade Cultural e Deportiva desta comarca, que tamén contribuiu a fundar en 1973. Manolo Soto falecía na madrugada de onte, día cinco, logo dunha longa doenza. O tanatorio de Salvaterra do Miño acollerá ás 19:30 horas desta tarde un acto de despedida, mentres para o vindeiro sábado está previsto un acto de homenaxe no cal se esparexerán as súas cinzas desde o castelo desta localidade.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Castelo, Miño

Claves

Conceptos
Lugares