O Condado. Unha comarca coma tantas outras do paÃs, sen importantes cidades, nin grandes empresas culturais asentadas nin infraestructuras grandiosas. O Condado é, sen embargo, desde hai xa moitos anos, a capital da poesÃa galega, cando menos durante os dÃas en que se celebra o seu xa célebre Festival Poético do Condado que, logo duns anos suspendido, chega agora á súa XVII edición.
Recitar poesÃa. Ese é o eixe. Arredor desa sinxela manifestación artÃstica pódense facer unha chea de cousas. Na Sociedade Cultural e Deportiva do Condado, por exemplo, decidiron aproveitar o recitado e montar arredor un encontro cultural e reivindicativo. Deste xeito nacÃa en 1981, en Mondariz-Balneario, o I Festival de PoesÃa do Condado, “porque non habÃa nada feito neste sentido e a poesÃa era coma a irmá pobre da literatura”, apunta Manolo Soto, presidente da sociedade. Desde entón o encontro foise movendo por diferentes vilas da zona, incorporando aos poucos outras actividades coma exposicións de pinturas, concertos, actividades para nenos e outras propostas lúdicas.
Nomes e letras
A chamada a ler e escoitar poesÃa a finais do verán nas proximidades do Miño, na compañÃa de grande parte do mundo cultural galego acadou éxito. O festival foi medrando, máis en actividades ca en público. “Temos unha asistencia máis ou menos estable, entre as dúas mil e as tres mil persoas cada ano”, lembra Soto. Unha boa cantidade de público que viu pasar polo Condado a práctica totalidade dos vates galegos. “Por acó deberon de pasar case todos. Desde Cuña Novas a Méndez FerrÃn, pasando por Pexegueiro, Cáccamo, Baixeras, Pozo Garza...”. Por se non abondaba co luxo de contar coas voces en directo dos poetas, desde o primeiro festival tamén se abordou a edición dun libro recompilatorio dos poemas lidos cada ano, na maiorÃa dos casos composicións inéditas dedicadas ao lema que cada ano guÃa o festival.
Reivindicación
Porque a poesÃa no Condado ten sempre un ton reivindicativo, e desde o comezo da actividade, cada festival contou cun lema de denuncia e de loita. Desde a loita contra a globalización coa frase “Um outro mundo é possÃvel” ata as chamadas a prol da autodeterminación, contra o V Centenario da descuberta de América ou reivindicando a insubmisión ao servicio militar. Soto sinala “este é un festival reivindicativo e multipartidario. Hai xente do Bloque do PSE, do PP e mesmo independentistas, aquà temos de todo”.
A creba
Os concellos da zona, especialmente o de Salvaterra, a Deputación de Pontevedra foron apoiando economicamente a organización dunha cita que se revelaba coma clásica no panorama poético galego. Sen embargo, en 1995 chegou o cataclismo. Segundo conta a organización, a Deputación de Pontevedra retirou no último momento o seu apoio, despois de se ter comprometido a encargarse da edición do volume dese ano e de achegar un subsidio de cincocentas mil pesetas da época. As débedas contraÃdas pola SCD na celebración daquela XV edición obrigaron a esta entidade a pasar os seguinte cinco anos pagando as débedas xeradas e sen organizar o festival. Este contratempo provocou tamén unha vaga de desilusión e de cansazo entre moitos dos veteranos membros deste colectivo.
Resurrección
A desaparición do festival non deixou indiferente aos moitos afeccionados que xa se afixeran á cita anual. E pouco a pouco, foi xurdindo xente que preguntaba polo evento. E foise sumando xente nova á SCD, con gana de recoller a testemuña da organización. Desde xeito conseguiuse, no 2002, que voltase á vida a principal cita poética do paÃs, cuns ánimos renovados que se poden comprobar no completo dos programas desta segunda xeira. O apoio das adegas da zona á edición do libro, as de moitos pequenos negocios, algúns pequenos subsidios e as vendas de distinto material editado pola SCD son os métodos cos que se cobren os arredor de trinta mil euros que custa organizar o evento. De feito, a XVI edición, a do retorno, rematou cun superávit para a organización que os animou a coordinar desta volta o maior programa nunca visto no festival.
Unha historia social
A Sociedade Cultural e Deportiva do Condado naceu como tal en 1973, e foi clandestina durante algo máis dun ano para non se someter aos requirimentos da lei de asociacións de 1968. “A sociedade naceu coma un xeito de facer oposición democrática na comarca”, lembra Soto. Desde entón veu dinamizando a vida social e cultural da zona, organizando, desde unha óptica comprometida e reivindicativa, todo tipo de actos. Trinta anos despois, os arredor de oitenta e sete socios veteranos mantéñense firmes na asociación, aÃnda que recoñecen en moitos casos un certo cansazo polo duro traballo realizado. “A sociedade expandiuse cara á xente nova de Salvaterra e de Ponteareas, que son agora os que tiran un pouco pola directiva para facer cousas”, recoñece o presidente, que lembra tamén que na actualidade contan con nada menos que cento setenta e nove membros.
XVII
A última edición do Festival de PoesÃa do Condado chega cun programa realmente completo. A música que desde o principio acompañou as actividades poéticas vén este ano representada por Ruxe Ruxe, Treixadura, Gaiteiros de Melide, Big Fat Mamma, LuÃs de Matos e Ana Firmino, que pecharán o evento na noite do dÃa seis. En canto a poetas, a variedade está garantida. Desde nomes asentados coma Manolo Rivas ou Estevo Creus a novos valores coma Kiko Neves ou Samuel Solleiro. Ademais destas actividades, xa clásicas, o festival complétase con exposicións de maquetas de embarcacións fluviais, pintura, escultura, humor gráfico e fotografÃa. O fÃo común das mostras é este ano o lema “Verbas para nom esquecer...”, referÃndose aos berros de “Nunca Máis” e de “Non á guerra” que encheron as rúas galegas desde o pasado mes de novembro. Outras actividades programadas son a proxección de documentais e curtametraxes e o paseo turÃstico no Comboio de baixa velocidade que percorrerá as rúas da vila. E é que a poesÃa transfórmase con facilidade en moito máis ca letras.