Dentro das propostas culturais que están a emerxer por mor da crise da Covid-19, unha das máis rechamantes e das que está a conseguir maior aceptación nas nosas axendas é o autocine. Esta proposta, sen antecedentes históricos no noso paÃs, está a ser reclamada por concellos de toda Galicia para desenvolver unha programación segura ao longo do verán. A empresa Mr Misto, cunha ampla experiencia en proxeccións de cinema pouco convencionais, é a grande promotora destes eventos.
A idea non é nova. A opción de ver o cine desde o coche é xa todo un clásico da cultura popular que acadou a súa maior aceptación nos Estados Unidos a mediados do pasado século e que chegou a nós retratada nos filmes dese paÃs. A facilidade que achegan as novas tecnoloxÃas, sumada ás necesidades de distanciamento persoal que marca a actual crise sanitaria están a facilitar que este verán as proxeccións de cinema para gozar dentro do propio vehÃculo aparezan como unha das estrelas das programacións culturais, en particular das promovidas desde diferentes concellos. A estrea o pasado 21 de xuño en VerÃn de MarÃa Solinha, último filme de Ignacio Villar, supuxo en boa medida a consagración deste formato e o comezo dunha carreira de proxeccións á que xa se teñen sumado Lugo, Teo, Tui, VerÃn, Valdoviño, Foz, Pobra de Trives, a Rúa, Rianxo, Ribeira, a Pobra, Boiro ou Vilanova entre moitos outros.
Das curtametraxes ao autocine
Mr Misto é o nome da empresa que está detrás dunha grande parte destas propostas. "Non somos os únicos, xa apareceron outras iniciativas para pór en marcha autocines no paÃs", recoñece Xoán Mariño, xerente da firma. "Isto está na nosa memoria colectiva, como todo o que consumimos e que vén dos Estados Unidos. Semella que existise hai anos no paÃs, pero na realidade nunca o houbo en Galicia". Estes profesionais levan xa anos especializados en levar o cinema a todo tipo de eventos e situacións. No seu catálogo atópanse propostas de cinema na rúa, proxeccións en vodas e eventos musicais ou mesmo o Festivaliño, que se desenvolve no interior dunha caravana. Segundo explica Mariño, "o proxecto orixinal era funcionar como unha especie de exhibidora e distribuidora de curtametraxes. Entre 2003 e 2005 levamos curtas a canto recuncho habÃa, mesmos bares ou pubs. A partir de aà foi cando nos metemos no cinema de rúa. Vimos que en Galicia houbera proxectos nos anos 80 e 90 de cinema de verán moi interesantes, pero nesa época xa non se estaba a empregar o formato. Montamos unha pequena infraestrutura e lanzámonos a iso, xa a traballar con longametraxes", lembra. "A idea fundamental era e segue a ser levar contidos de cinema a vilas e localidades onde non hai salas". As diferentes propostas conseguiron boa aceptación desde aquela. "Ao longo destes anos traballamos bastante ben, co problema de que só tes demanda durante o verán. Son dous meses e medio con moito traballo", recoñece. "Isto tamén nos levou a nos reinventar con propostas como o Festivaliño, nunha caravana, e coa idea dos autocines, que está a recibir moito pulo pola actual situación sanitaria. Hai unha demanda brutal", recoñece.
Innovacións
A aposta polo autocine non é algo que Mr Misto iniciase este ano. "Desde 2017 estivemos a facer o experimento cunha asociación de Barro"no marco da iniciativa Especies de Espazos. Xa cara a 2020 "estabamos a traballar na idea de montar un autocine estable en Galicia, e visitamos os principais que están en marcha a nivel estatal". Segundo apunta, os avances tecnolóxicos na proxección e mesmo nos materiais están a facilitar nunha enorme medida a aposta por desenvolver programacións de sétima arte portátiles, con ou sen autos. "Agora xa non compren coma antes aquelas macroestruturas que esixÃan dous dÃas e montaxe. En catro horas podes artellar unha proxección de certa calidade, mesmo a coidar o distanciamento de cadeiras e a incluÃr tarefas de limpeza e desinfección".
Necesidades e posibilidades
En canto as posibilidades e requirimentos especÃficos do autocine, desde Mr Misto sinalan que na actualidade se conseguen unhas proxeccións de grande calidade. "Contamos cunha pantalla de 150 metros cadrados. O son transmÃtese directamente ás radios dos coches mediante FM, e vai estupendamente porque hoxe todos os vehÃculos teñen uns equipos de audio moi bos", explica. Como vantaxes para os usuarios, "é unha experiencia chula para ir coa parella ou en familia. Resulta algo diferente, como ver o cinema na casa. Non é nin mellor nin peor do que outras opcións, supón un complemento", apunta Mariño. Para artellar unha destas proxeccións "cómpre un espazo importante e unhas condicións mÃnimas. Para os 120 coches que tivemos en VerÃn, por exemplo, non fai falla un campo de fútbol pero si son precisos unha serie de metros. E logo hai que ter espazo para xestionar entradas e saÃdas de vehÃculos. En xeral case todas as vilas teñen un espazo axeitado, sexa un aparcadoiro ou un campo de fútbol. Ademais, nós traballamos con dous formatos que nos permiten chegar a vilas e concellos máis pequenos" sinala. Polo momento, a experiencia está a ser moi positiva e abre aÃnda moitas opcións para se desenvolver. "VerÃn, como experiencia piloto deste verán, serviunos para testar. En xeral a xente organizouse ben. Ademais houbo unha implicación da hostalarÃa local, que artellou menús especÃficos para a xornada, e isto permitiu que moitos locais traballasen ben ese domingo". E é que complementar a experiencia do cinema con ofertas gastronómicas é unha das posibilidades deste formato. "AÃnda que a xente está nos coches, pode baixar e ir a un café próximo, e mesmo se poden complementar as proxeccións con foodtrucks ou propostas similares, que están tamén algo paradas pola pandemia".
Os lÃmites do exterior
As proxeccións ao aire libre, no entanto, contan con certas limitacións climatolóxicas e lumÃnicas para o seu desenvolvemento. "O cinema ao aire libre é moi agresivo e ten o hándicap do tempo. Este mes de xuño houbo dÃas cunha temperatura estupenda e outros nos que quedaron noites frÃas e con vento. Nós sempre recomendamos traer algo de abrigo, e antes achegábamos mantas, pero este ano non podemos facelo". Fronte a este formato, o autocine achega unha maior protección da intemperie, pero ten tamén os seus requirimentos e non é inmune á climatoloxÃa. "Ten os seus problemas tamén, cunha pantalla de tanta envergadura o vento pode afectar. Hai que ter en conta que comeza a tres metros de altura e chega aos dez, é do tamaño dun edificio", advirte Mariño. "A chuvia é un problema máis técnico do que outra cousa. Con pouca pódese proxectar, e hai unhas viseiras para as pantallas que facilitan que se poida facer igual, se non chove moito". En canto ás limitacións lumÃnicas, explica que "hoxe tamén se pode proxectar sen que sexa de noite, con pantallas de leds, máis televisivas. Para min pérdese algo a maxia da proxección, e hai algúns problemas de brillos e matices que desaparecen", apunta. Deste xeito, o requisito de escuridade continúa a condicionar as programacións deste tipo. "No comezo do verán podemos comezar as proxeccións sobre as dez, e segundo baixan os dÃas dá para ir comezando antes. No Levante que teñen case unha hora máis de luz, dálles ata para facer dúas sesións nunha mesma noite", explica.
A continuidade e a ampliación
Malia ao éxito actual, Mariño non ten claras as posibilidades de continuidade deste formato para o audiovisual no paÃs. "Polo momento funciona como unha experiencia diferente, algo novidoso e un xeito de ocio, pero non sei se veu para ficar. Desde logo, dubido que o faga do xeito tan agresivo que estamos a ver este verán. É semellante ao que no seu dÃa foron os campos de céspede artificial para o fútbol ou os festivais de curtametraxes, que semellaba que cada concello querÃa ter un". Nese sentido "imaxino que o mercado se irá regulando. Eu penso que pode haber oco para unha proposta estable, como en Xixón, onde hai un autocine modesto que bota aberto todo o ano. Cremos que se poderÃa facer e queremos tentalo". En paralelo, e vista a aceptación do formato, a aposta polos autos como espazos para a cultura ameaza con ir alén do cinema. "Estes dÃas estase a falar dos autocontos, e tamén se poderÃa facer co teatro ou mesmo con concertos. Pódense adaptar moitos contidos", asegura Mariño. En Mr Misto teñen claro que aÃnda hai moito por explorar neste campo. "A cabeza dá moitas voltas, e continuamos a pensar como se poden facer cousas. Algo novo aparecerá, ás veces das dificultades saen novas propostas", adiantan.