O NUMAX achega a Galicia as conferencias performativas

Misha Bies Golas, Macarena Montesinos, Jacobo Bugarín, Suso Fandiño, Xisela Franco e Alejandra Pombo estrearán o formato

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O NUMAX achega a Galicia as conferencias performativas

Co título de Discursos en acción o centro cultural NUMAX de Santiago de Compostela estrea este 4 de xullo a primeira proposta de conferencias performativas que se desenvolve no noso país. O proxecto, comisariado polo trío Performa (David Barro, Mónica Maneiro e Iñaki Martínez Antelo) pretende "ensaiar propostas entre o divulgativo, o artístico, o escénico ou o audiovisual". O ciclo comprende dúas sesións destas prácticas, unha o día 4 de xullo e outra o 22 de agosto, en sesións de mañá e de tarde, con entrada de balde e reserva previa.

Seis artistas do país, Misha Bies Golas, Macarena Montesinos, Jacobo Bugarín, Suso Fandiño, Xisela Franco e Alejandra Pombo estrearán este formato, no que a sala os convida a falar do que queiran "pero desde unha situación teatralizada pola propia proposta de partida. En ocasións será a través de elementos externos, noutras a través da imaxe proxectada na sala ou nos elementos presentes na mesma, ás veces a dominante será a interpretación, pero en todos os casos este momento será único, xa que non se trata dunha conferencia ao uso senón dunha conferencia performativa, construída para acontecer no intre preciso da cita e do lugar proposto como escenario", segundo explica a presentación do proxecto.

Na primeira das sesións, o 4 de xuño, Macarena Montesinos abrirá o ciclo con "Memorias dunha amnésica", seguida por Suso Fandiño que abordará "Os pintores da vida moderna. A cultura de masas nas orixes das vangardas". Xa de tarde, Alejandra Pombo tratará de "A importancia de ser iceberg".

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Novos formatos para a cultura

Ver serie completa
Autocines: As proxeccións cambian de marcha

Autocines: As proxeccións cambian de marcha

A popularización deste formato no verán da Covid-19 non garante a súa continuidade

Tecedeiras inicia os seus obradoiros de escrita creativa en liña

Tecedeiras inicia os seus obradoiros de escrita creativa en liña

Mario Regueira, Lorena Souto e Eduardo Estévez fan parte deste novo proxecto

FLIV: A literatura na rede vén para ficar

FLIV: A literatura na rede vén para ficar

O Festival Virtual do Libro de Galicia innova na presentación da cultura a través da Internet

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Numax, Suso Fandiño, Misha Bies Golas, Xisela Franco...