Patricia Dauder e Misha Bies Golas gañan as bolsas de produción DKV/MARCO

Producirán dúas obras que formarán parte da exposición de outono no MARCO

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Onte déronse a coñecer as dúas propostas gañadoras do certame de bolsas de produción de arte contemporánea convocadas pola empresa DKV e o MARCO de Vigo. Os premios foron para proxectos presentados por correspondentes a Patricia Dauder (Barcelona, 1973) e Misha Bies Golas (Lalín, Pontevedra, 1977). O xurado examinou 142 proxectos presentados, 30 deles procedentes de Galicia. Os dous proxectos gañadores formarán parte da exposición que terá lugar nas salas da pranta baixa do MARCO en outubro deste ano.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Misha Bies Golas, Lalín, Barcelona, Pontevedra...