'Alacrán' de Marcos Abalde gaña o XXIII Premio Johán Carballeira de Poesía

O xurado quixo mencionar tamén a obra, 'Invernía' que chegou ata a decisión final

Marcos Abalde
Marcos Abalde
Marcos Abalde Covelo (Vigo, 1982)resultou gañador do XXIII Premio Johán Carballeira de Poesía convocado polo Concello de Bueu co poemario titulado Alcatrán. O xurado reuniuse este luns pola tarde e decantouse pola obra de Abalde de entre os preto de sesenta traballos presentados ao certame nesta modalidade. Os xurado conformado por Arancha Nogueira, poeta e gañadora da pasada edición, Mercedes Queixas, escritora e mestra de lingua galega, e Lara Dopazo, poeta marinense, salientaron que se trata dun poemario "cun gran traballo léxico, que canaliza as historias persoais coa colectiva, e que dignifica o local". Así mesmo, os versos destacan pola súa concisión, e por unha unión perfecta entre fondo e forma.O autor se fará cun premio de 1.500 euros e a publicación da man da editorial Xerais. Na acta, o xurado quixo mencionar tamén outra obra, Invernía, que chegou ata o final e que consideran tamén de gran calidade. marcos Abalde ten no seu palmaréas persoal outros premios pola súa escrita dramática e en poseía os premios Lueiro Rey e Fiz Vergara Vilariño.