Mentres continúa a debate a posibilidade de que o DÃa das Letras dedicado a Carballo Calero se celebre tamén ao longo de 2021, a Xunta de Galicia move ficha neste sentido coa celebración do centenario da Xeración Nós. Segundo anunciou este 30 de maio, o goberno galego convocou a unha xuntanza ás entidades implicadas nesta conmemoración, con vistas a "acordar os termos da prolongación". Segundo argumenta a Xunta, "tendo en conta que a pandemia provocada pola covid-19 alterou considerablemente a meirande parte das programacións, ciclos e celebracións da cultura galega, entre elas o Centenario da Xeración Nós e, para tentar na medida do posible paliar esta paréntese obrigada polas restricións sanitarias, que aÃnda condicionan e limitan as programacións culturais, proponse acordar os termos para prolongar esta significativa efeméride, permitindo asà completar as actividades e cumprir cos obxectivos conmemorativos".
A Xunta debaterá esta proposta co Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, a Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, a Real Academia Galega de Ciencias, a Deputación de Ourense, as tres Universidades do SUG, o Instituto Padre Sarmiento, o Museo do Pobo Galego, o Museo de Pontevedra, as Fundacións Otero Pedrayo, Vicente Risco, Castelao, Losada Diéguez, Alexandre Bóveda, Blanco Amor, Curros EnrÃquez, a AELG, o Centro PEN Galicia, Gálix e os concellos de Ourense e Rianxo. A conmemoración do centenario de Nós foi aprobado en 2017 no Parlamento de Galicia.