Os teatros afrontan o futuro próximo, cando se permita levar a cabo espectáculos pero cun aforo reducido, parafraseando á personaxe de Hamlet na disxuntiva entre abrir ou non abrir, esa é a pregunta. Factores ineludibles e prioritarios de control sanitario aparte, a redución de público é un factor determinante da viabilidade económica da exhibición teatral cando esta responde a unha actividade de promoción privada, pero no relativo á actividade de promoción amparada polas administracións públicas a rendibilidade mÃdese non só polo número de entradas vendidas, en tanto polo que ten de apoio ás artes escénicas, malia que sexa para públicos reducidos en defensa do dereito ao acceso á cultura que é obriga dos gobernos. Segundo nos confirma Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego, a institución xa ten a vista posta na Fase 3 para, se todo segue un curso que o permita, abrir a súa sede do Salón Teatro en Santiago á exhibición coas restricións de aforo que sexan pertinentes, que nese momento serÃan do máximo do terzo da súa capacidade (272 asentos). O 12 de marzo foi cancelada a estrea no Salón Teatro da coprodución O premio, de La Quintana Teatro. Núñez mantense en contacto permanente coas compañÃas incluÃdas na carteleira inicial de exhibición do Salón Teatro para estes meses, de xeito que a medida que se vaian cumprindo as devanditas etapas, se lles facilite a reprogramación das súa actividade de creación e exhibición no Salón Teatro, sempre con todas as prudencias que supón a alerta sanitaria.
En Galicia os teatros de xestión pública municipal están aÃnda pendentes dos ditames das autoridades que xestionan a crise sanitaria para tomar decisións. Algúns xa tomaron a de mover para o outono toda a súa oferta, outros tal vez dean por cancelada a temporada. O Centro Dramático Galego está tamén á espera do documento de protocolos concretos para as artes escénicas que está a ser consensuado a nivel estatal entre o Goberno central e os principais colectivos e federacións sectoriais, pero mentres a cabeceira do teatro galego está a traballar xa nunha posible "desescalada" en tres etapas de acordo coas indicacións do Ministerio de Sanidade publicadas o pasado sábado no BOE e as pautas e tempos establecidos no Protocolo de reincorporación do persoal empregado público ao traballo presencial e as medidas de prevención fronte ao Covid-19, aprobado a pasada semana polo Consello da Xunta. Coa prioridade da seguridade sanitaria sempre como guÃa, a primeira das etapas será a de Retorno ao traballo presencial do persoal de oficina e técnico do Salón Teatro, cunhas instalacións preparadas e adaptadas para garantir a seguridade tanto dos traballadores, como para as compañÃas e o público.
A segunda das fases inicialmente prevista comportará a apertura do espazo á actividade de creación (ensaios e residencias das coproducións e outras colaboracións do CDG). Con este fin, a dirección do CDG, traballará na adaptación dese protocolo estatal, aÃnda por definir, ás súas necesidades especÃficas e ás do traballo artÃstico e técnico na súa sede, "garantindo tamén a seguridade dos equipos externos que acolleremos para desenvolver aquà as súas creacións". A terceira etapa irÃa en sincronÃa coa Fase 3 da desescalada e nela levarÃase a cabo, se as condicións dese momento o permiten, a apertura do espazo á exhibición de espectáculos e recepción de públicos. Colocar ese momento no calendario é un exercicio complicado de conxectura do que só cabe dicir que, se as fases se completan no territorio galego cada quince dÃas sen pasos atrás, quedarÃa na semana do 8 de xuño en adiante. Para ese momento estase a deseñar xa no CDG un primeiro plan de medidas, comezando por mecanismos de protección individual e colectiva e o reforzo da distancia social o cal levarÃa a reducir as prazas de asento no Salón Teatro aÃnda por embaixo dese 30% por necesidades de seguridade, o cal, en principio, non bota para atrás a vontade do CDG de sacar adiante esas representacións.
Cómpre destacar tamén que, no caso das cinco coproducións do CDG que non puideron ser exhibidas no Salón Teatro por mor da crise sanitaria, desde a Agadic axilizáronse cun xeito de urxencia os trámites para dotar de liquidez as compañÃas: asumÃronse os pagamentos das tres propostas que xa remataran o seu proceso creativo (Poeta en Nova York, de Paloma Lugilde Producións; O premio, de La Quintana Teatro; e Microspectivas dun marica millennial, de Incendiaria), asà como o 50% por cento no caso dos dous espectáculos que aÃnda se atopaban en proceso de produción (Crónica dunha heterosexual insatisfeita, da Verdeveras Expresións ArtÃsticas; e Clausura do amor, de Cámara Negra).