Un "portal de acceso e consulta pública, libre e gratuÃta no que se poderán pescudar datos e referencias concretas peregrinos a Compostela entre os séculos IX e XV". Esta é a proposta que presentaba este dez de marzo o Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago baixo o nome de BADAPEM, Base de Datos de Peregrinos Medievais. Este repositorio, desenvolvido co apoio do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, recolle polo momento referencias a 33 persoas que visitaron a Cidade do Apóstolo durante o perÃodo referido.
Desde Adán de Borne, de quen figura que pasou pola catedral en 1136, ata Tomaximus de Paltoneriis de Papia, rexistrado o 30 de xullo de 1389, a base de datos achega referencias documentais de cada unha destas visitas e permite "facer pescudas por lugares de procedencia, datas, profesións…" ademais de descargar cada ficha en formato pdf.
Con esta proposta, a Catedral quere resolver "a dificultade na lectura e achado das fontes, o seu tratamento e a dispersión, que non permitiron ata o de agora contar con estudos ou proxectos que permitan ofrecer un panorama claro encol do feito peregrinatorio no numérico e no persoal". O proxecto é colaborativo e permite que calquera persoa que conte con datos ou referencias concretas poida achegar novas entrada a esta listaxe.