Con Italia como paÃs convidado, o pedagogo Francesco Tonucci como visita ilustre e homenaxes ao ilustrador Kiko da Silva e á escritora Helena Villar, este 6 de marzo abre as súas portas o XXI Salón do Libro de Pontevedra. Co humor como eixe, un nutrido programa de preto de 300 actividades abordará desde as máis diversas perspectivas a lectura para o público infantil e xuvenil. Entre as propostas, a exposición sobre banda deseñada "Unha ollada ao cómic galego", representacións como as de Fatal Falta Tafall de Fantoches Baj, ou Ris Ras de Baobab Teatro, contacontos, obradoiros ou concertos entre moitas outras.
A nivel de exposicións poderán verse monográficas sobre os ilustradores Kiko da Silva, VÃctor Rivas, Abi Castillo ou Miguelanxo Prado, ademais de varias mostras colectivas. O encontro acolle ademais a terceira xeira do Encontro Internacional de Mediación Lectora, que se celebrará entre os dÃas 26 e 28 de marzo.