Unha banda deseñada para público a partir dos seis anos a repasar a vida e traxectoria de Ricardo Carballo Calero. Esta é a proposta de Lela Edicións para lembrar o homenaxeado no DÃa das Letras Galegas 2020. A obra, con guións de Polo correo do vento e debuxos do debutante Miguel Pérez Ramudo preséntase como unha "Pequena biografÃa de Don Ricardo Carvalho Calero: Ensinante, estudoso e investigador da nosa cultura". Os autores fan un repaso vital no que Carballo está acompañado polo seu alter ego Scórpio, protagonista da súa principal achega no campo da narrativa.