A escritora portuguesa Lídia Jorge (Boliqueime, 1946), a catalá Marta Pessarradona (Terrassa, 1941), o vasco Unai Elorriaga (Bilbao, 1973) e o arxentino Antonio Requeni (Bos Aires, 1930) son os autores elixidos polo xurado da XIIIª edición dos Premios Rosalía de Castro, organizados desde o Centro PEN Galicia. Os galardóns distinguen figuras literarias senlleiras das diferentes linguas peninsulares diferentes ao galego. O Centro Pen Galicia (anteriormente Pen Club Galicia) reúne a poetas, ensaístas e narradores galegos e forma parte do . O xurado estivo presidido por Luís González Tosar, presidente do Centro Pen, e participaron del Manuel Guede, Ánxela Gracián, Bieito Iglesias, Xosé Ramón Pena, Pablo Rubén Eiré, e Luís Menéndez. No mes de setembro terá lugar un acto de entrega destes galardóns.