Coñecer experiencias e casos de boas prácticas de mecenado, abrir un espazo de diálogo, atender á cuestión da arte sobre esta materia son algúns dos asuntos que se analizarán hoxe na xornada A cultura do mecendo que se pode seguir a través do servizod e emisión en directo por Internet da institución. A cita, organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG), conta coa presenza de figuras destacadas desde a esfera privada e pública como son David Chipperfield, José Luis Pérez Pont ou José María Arias Mosquera. Diferentes especialistas comentarán ao longo do día de hoxe as súas experiencias que permitirán coñecer variadas fórmulas para financiar o dereito á cultura. "O noso obxectivo é ver como se pensa o mecenado en termos de xustiza social, que renda contas, que sexa transparente, que atenda aos retos actuais como son a cuestión demográfica ou a crise climática e que non estamos condicionados polos ciclos políticos" explica Fran Quiroga, coordinador desta cita deseñada para ofrecer unha panorámica ampla.
A primeira mesa ofrece diferentes formas de facer mecenado desde o ámbito privado. Comeza coa actividade da Fundación Carasso, onde a asesora Irene Aláez contará as iniciativas desenvolvidas por esa entidade, como son os proxectos de alimentación sustentable ou de arte cidadá. Agora mesmo esta fundación está a desenvolver un proxecto en Betanzos, no parque do Pasatempo. David Chipperfield explicará (en inglés) a súa visión sobre o territorio a través da Fundación RIA que creou en Corrubedo. O traballo de Valencia na relación entre o público e o privado estará explicado por José Luis Pérez Pont, xerente do Consorci de Museos da Comunitat Valenciana. Esta primeira mesa tamén contará coa participación de José María Arias Mosquera, que explicará un modelo histórico no noso país, como é o da Fundación Barrié.
Tras o descanso terá lugar a segunda mesa panorámica, que pretende analizar o mecenado desde o ámbito público. Isabel Peñalosa amosará as demandas das fundacións en España e en Europa, a través das que se permitirá sentar as bases do que se necesita para facer mecenado. Despois, Borja Álvarez trazará a situación do mecenado en España; mentres que Manuel Vila, secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo, explicará a situación en Galicia. Pecha esta mesa sobre Administración pública, o caso de Gipuzkoa, a cargo do deputado foral de Facenda e Finanzas, Jabier Larrañaga. A sesión da tarde posibilitará o traballo en grupo das persoas participantes grazas á facilitación da cooperativa Rexenerando.