A Feira Internacional de Galicia reúne 1.361 expositores en Silleda

Verde é a semana

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O recinto ferial de Silleda acollerá desde hoxe e ata o domingo unha nova edición da Semana Verde de Galicia. Mäis de mil trescentos expositores e arredor de cen mil visitantes profesionais encherán o recindo da Feira Internacional de Galicia para presntar e coñecer as últimas novidades nos sectores forestal, gandeiro, agrícola, hortofloral e alimentario entre outros.

Cifras

As cifras desta edición confirman un crecemento da actividade deste evento con respecto a anos anteriores. 1.361 expositores de trinta países diferentes compartirán os 37.500 metros cadrados de superficie útil dispoñible. Ademais, arredor de 300 cabezas de diferentes tipos de gando, denominacións de orixe de queixos e viños e trinta empresas participan nos eventos. Os 160.000 metros cadrados de aparcamentos dispoñibles acollerán os vehículos dos máis de cen mil visitantes profesionais que acudirán estes días á feira ademais de todos os interesados no sector que, previo pago de mil pesetas os adultos e de seiscentas os nenos, visitarán o encontro.



Innovacións

Entre os novos productos que empresas e institucións achegarán á feira atopamos desde os novos pratos precociñados de Pescanova ás recentemente recoñecidas razas de can galego coma o palleiro ou o quisquelo. Tamén podemos atopar computadores para industrias ganderias, programas de xestión de explotacións agropecuarias, robots de ordeño, unha incineradora para cadáveres animais e máquinas agrícolas de diferentes tipos.



Actividades

Ademais das presentacións de productos, durante a Semana Verde celebranse varias xornadas e encontros dedicados a analizar diferentes sectores do sector agropecuario, alimentario e forestal. Así, celebraranse as I Xornadas sobre o Coello de Monte en Galicia, o VII Monográfico de Gando Porcino e unhas xornadas sobre certificación forestal. Ademais celebrarase unha conferencia sobre o tratamentdo de vertidos da industria agroalimentaria, un encontro sobre cunicultura e outro sobre canaricultura e ornitoloxía.


Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Dosier: Barriga Verde

Dosier: Barriga Verde

Un libro sobre José Silvent e unha exposición son as últimas propostas arredor este títere

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Silleda

Claves

Conceptos
Lugares