A organización do festival Allariz Debuxado acaba de dar a coñecer o programa da súa cuarta edición, que se celebrará entre o 31 de xaneiro e o 1 de febreiro na vila do Arnoia. O debuxante asturiano David Lafuente, coñecido polo seu traballo para editoriais de cómic estadounidenses como Marvel será un dos principais convidados e impartirá un relatorio sobre a súa experiencia profesional. Canda a el, a ilustradora Ester GarcÃa, o debuxante e gravador Tomás Hijo e o editor Manel Cráneo desenvolverán cadansúa intervención.