Desde hoxe e ata o domingo Redondela celebra a festa relixiosa do Corpus Christi onda unha celebración tan ancestral coma a Festa da Coca. Esta festa, orixinaria da idade media, celebra a victoria do pobo sobre un mostro, a Coca, que raptaba as mulleres do lugar.
O monstro
Conta a lenda que existÃa en Redondela un monstro, coñecido coma Coca, que aterrorizaba a comarca e de cando en vez raptaba unha moza e a levaba para a súa coba. Disque un dÃa os mozos de Redondela decidiron reunirse para facerlle fronte e, logo dunha cruenta loita que durou varios dÃas, acadaron matalo. Logo da súa facaña, levaron o corpo á vila, onde se celebrou unha danza na que participaron os guerreiros coas súas armas na man. Nesta danza está a orixe da actual Danza das Espadas. Pola súa banda, as mozas do lugar unÃanse ó baile levando unha nena sobre os ombros, o que levou á actual Danza das Penlas.
A tradición
As orixes desta festa pérdense na Idade Media, e existe constancia xa no século XVI da celebración da Danza das Penlas. Xa daquela as nenas amosaban o caracterÃstico vestido, con cintas de seda de cores e aros na cintura que servÃan para mellorar a súa suxección ás mullers que as portaban, denominadas "burras". Ademais do Baile das Penlas e do das Espadas, outro evento tradicional é o desfile da Coca, representada por un boneco, a través das rúas da vila. A Coca é acompañada na súa peregrinaxe por xigantes e cabezudos. Hai documentación que sinala que festas semellantes se celebraban noutros tempos en cidades coma Pontevedra, Compostela ou Betanzos, aÃnda que é Redondela o único lugar no que se conservou.
O resto da festa
Este é o primeiro ano en que a Festa da Coca é considerada "De Interese TurÃstico" por declaración da Xunta no pasado mes de abril. Ademais das celebracións máis tradicionais haberá outros eventos coma o Festival Internacional de Artistas de Rúa, verbenas e o concerto de Manolo Tena, que terá lugar na noite do venres. Procesións e outros actos culturais durante a fin de seman comletan o programa festivo.