Coa urxencia que dá un lÃmite de 24 horas presentáronse ante os medios representantes da Asociación de Actrices e Actores de Galicia (AAAG) e da Academia Galega de Teatro para facer un comunicado apoiado tamén pola asociación Músicas Ao Vivo (MAV) esixindo a paralización do decreto que modifica os estatutos da Axencia Galega de Industrias Culturais. O proxecto de decreto, público a través do portal de transparencia da Xunta remata mañá o seu prazo de alegacións e foi elaborado sen negociacións coas asociacións representativas do sector, ata o punto que algunhas delas como a propia AAAG tiveron coñecemento del a través dunha comparecencia parlamentaria do Conselleiro de Cultura e Turismo, Román RodrÃguez, o pasado 20 de novembro na que anunciou a súa inminencia. As asociacións que hoxe convocaron aos medios "para tratar de ser escoitados", anunciaron que presentarán alegacións pero que o que reclaman é unha “paralización” do proxecto de Decreto para que vaia a unha mesa de negociación entre a administración e os representantes do sector onde se chegue a consensos tanto sobre o Centro Dramático Galego (CDG) como sobre o Centro Coreográfico e sobre o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) que agora pasarÃa tamén a ser parte da estrutura orgánica de Agadic. O modelo das cabeceiras galegas públicas de teatro e danza levan desde fai tempo sendo obxecto de controversia entre o sector.
Desde a AAAG ven neste proxecto cambios sobre o anterior estatuto da AGADIC que contribuirÃan a un "desmantelamento das unidades de produción" a favor da externalización de toda a súa actividade. O actor Xosé Barato, en representación da AAAG, apuntou a unha interpretación do decreto como un posible baleirado do cargo de dirección do CDG restándolle toda capacidade de decisión sobre a liña dese centro e as súas contratacións o que significarÃa "un recorte de autonomÃa" e un cambio substancial nas condicións laborais dos elencos se toda a produción se contrata a compañÃas privadas. A asociación pediu unha reunión urxente co director de Agadic para aclarar os termos do decreto pero esta non foi convocada cando faltan menos de 24 horas para a fin de alegacións sobre o documento. Segundo aparece no proxecto o Coordinador do Departamento de Produción Teatral pasa de ter entre os seus cometidos o de "Decidir o plan de programación anual do CDG e, en particular do Salón Teatro" a "Propoñer" sobre os mesmos, asà mesmo tamén desaparece no proxecto a a función de "Exercer a representación ordinaria do Centro". A falta de aclaracións por parte da Administración as asociacións convocantes nesta "protesta" consideran que este cambios teñen como conclusión a perda de autonomÃa e mesmo a non obrigatoriedade de facer produción propia do CDG. de cara a previsible designación dun Coordinador do departamento Teatro esta mesma semana, de acordo co proceso de provisión aberto, para barato este cambios sustanciais supoñen un problema porque respecto a cando foi convocada "cambian as regras do xogo que se ven modificadas polo decreto" e a persoa elexida se verá "con menos capacidade de decisión".
MAV e Escena Galega contra os cambios no departamento de Danza
Outro dos cambios deste documento contra o que cargan as tintas as asociacións, e neste caso é onde se ve implicada directamente a a Asociación Músicas ao Vivo (MAV) é na transformación do Departamento de Produción Coreográfica creado en 2012, nun Departamento de Música e Danza, cuxa persoa titular da coordinación terÃa que levar a dirección das actuacións para o fomento de ambas disciplinas indistintamente e ademais exercer a dirección do Centro Coreográfico Galego, do cal tamén desaparece segundo as asociacións asinantes do comunicado, calquera obriga de levar a cabo produción propia. Para MAV isto darÃa como resultado unha carencia de contidos especÃficos para o sector musical na Axencia galega. O desacordo coas modificacións relativas a este departamento motivará tamén unha presentación de alegacións por parte da asociación de compañÃas Escena Galega, segundo declaracións feitas a este medio pola súa presidenta, Belén Pichel. A asociación que representa a 36 compañÃas profesionais, tanto teatrais como de danza, non asinaba hoxe o comunicado nin estaba presente, malia a estar de acordo “co fondo da cuestión” pero “con matices” respecto ao comunicado final. Desde Escena Galega afirman que estes cambios estatutarios da Axencia si que lles foron comunicados previamente a eles na súa relación habitual coa administración, pero non foron obxecto de negociación. Nese sentido EG presentará alegacións sobre os cambios relativos ao Centro Coreográfico e seguirá pedindo que o establecemento dunha auténtica mesa de negociación sectorial entre a Xunta e os axentes do sector para consensuar as accións e polÃticas relativas e e, sendo esta a liña de traballo pola que apostan desde as compañÃas profesionais.