A vindeira edición da feira das industrias culturais, Culturgal, ven de presentar hoxe o que será o seu programa completo e configuración. A XIIª edición da feira levará como Dálle unha volta á feira en anticipo a un evento que terá importantes novidades. Entre elas destaca a redistribución espacial do recinto feiral e unha mellor adecuación dos escenarios aos contidos da Feira baixo os nomes Infantil (con contacontos, baile, obradoiros, ciencia etc.), Foro (presentacións e encontros profesionais), Carpa (espectáculos, cunha capacidade máxima de 400 persoas), Libro (presentacións de lanzamentos, premios e outras novidades) e Cinema (traballos audiovisuais e avance dos que virán), ademais do espazo dedicado á arte contemporánea. AsÃ, cos 85 expositores do recinto feiral e os 18 do devandito Espazo Arte Contemporánea, este percorrido busca ofrecer unha panorámica da actividade cultural galega con galerÃas, editoriais, librarÃas, axencias culturais, artesáns e compañÃas, entre outras entidades. En canto á representación profesional e artÃstica, Miguelanxo Prado, Marful, Chévere, Quico Cadaval, Oliver Laxe, Ledicia Costas, Dios Ke Te Krew, Tanxugueiras e Mabel Rivera son algúns dos nomes que figuran no programa desta edición. Finalmente non haberá ese espazo especifico para contidos interactivos e tecnoloxÃa que se avanzaba o pasado mes de agosto.
Parte dos programas xa foron adiantados en dÃas anteriores, como o que ten que ver coa escena musical, coa reaparición da banda Marful en compañÃa da cantante Sabela nun espectáculo exclusivo para esta feira o sábado 30 de novembro, e outra actuacións que terán lugar na carpa. Tamén adiantouse a parte dedicada ao audiovisual, que acollerá unha das preestreas de Eroski ParaÃso e unha proxección de O que arde coa presenza de Oliver Laxe, entre outras actividades. Asà mesmo a asociación Escena Galega levará a cabo o venres 29 a súa xornada con presenza de expertos para tratar o tema “Teatros nacionais, centros dramáticos e unidades de produción públicas: distintos modelos de xestión”. A feira está promovida pola Asociación Culturgal, que engloba á súa vez as asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Empresas Galegas Dedicadas a Internet e ás Novas TecnoloxÃas (Eganet) e Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).