Pilar Pallarés faise co Premio Nacional de Poesía

Premiouse a súa obra Tempo fósil

A poeta Pilar Pallares gañou hoxe o Premio Nacional de Poesía pola súa obra Tempo fósil (Chan da Pólvora, 2018). O premio, dotado con 20.000 euros e concedido polo Ministerio de cultura, vai para unha escritora de longa traxectoria literaria que hoxe é profesora de instituto. O xurado destacou de Tempo fósil que "transmite con profunda sabiduría e emoción, a experiencia da perda e da destrución do vivido". Pallares é a terceira galega que recibe este ano os galardóns anuais do Ministerio de Cultura, tras Anxo Quintela na categoría de xornalismo cultural e Xosé Manuel Núñez Seixas na de ensaio.