
Pola súa banda, o investigador no campo da banda deseñada Breixo Harguindey anunciou nas redes sociais que fará equipo co seu pai, o escritor e tradutor Henrique Harguindey, para abordar a traslación das aventuras de Tintin ao galego. Obxectivo a lúa será o primeiro álbum que abordarán de xeito conxunto para Trilita Edicións. O lanzamento na primavera de 2019 de As xoias da Castafiore na nosa lingua vÃrase envolto na polémica pola calidade da súa tradución.