O humorista gráfico Ignacio Manuel Hortas RodrÃguez, coñecido como Nachortas, falecÃa o pasado venres aos 64 anos de idade. Hortas era moi coñecido polas súas colaboracións en La Voz de Galicia, onde publicou ao longo de dúas décadas, e mais en Sermos Galiza durante os últimos anos. Hortas fora un dos creadores do fanzine Barbaña Cómix a mediado dos anos oitenta, unha das patas sobre as que se fundou Frente Comixario en Ourense. Colaborou noutras publicacións de novena arte como Valiumdiez, Das Kapital ou Golfiño ademais de proposta de humor gráfico como Can sen Dono, ou Xo!. Nado en León, botou a súa vida profesional en Galicia onde se implicou activamente na defensa da nosa lingua e da nosa cultura.