Ferrol quedara sen salas de cine desde o verán, unha triste excepción entre as cidades galegas que a reapertura dos cines Duplex no barrio de Esteiro desfai desde hoxe. A sala pechaba esta verán ante un incerto futuro que agora ten, cana menos un proxecto de futuro ante si. Ramiro ledo, un dos impulsores da cooperativa NUMAX de Santiago recollÃa a luva de dar unha nova oportunidade ao recinto facendo nel cambios que inclúen, alén dalgunhas leves reformas das instalacións o programático. A busca de novos públicos reflectirase asà na selección de producións e nas actividades e accións promocionais. O cine abr hoxe coa estrea galega do ano, O que arde de Oliver Laxe. De feito o director asistirá en persoa o vindeiro martes a facer alÃn unha presentación do seu filme. A busca dun público cinéfilo, máis alá de entrar na competición polos blockbusters será a liña a seguir polos Duplex, enfocados tamén cara ao universitarios e mesmo con accións conxuntas con colexios. A nova liña enfocarase en cine de autor, independente, documental e exhibición en versións orixinais.