A Deputación da Coruña daba a coñecer onte o fallo do XIX Premio de Teatro Rafael Dieste, que foi para Fernando Castro Paredes pola súa obra Amorodo agre. O xurado seleccionou por unanimidade este traballo entre os 36 que se presentaron ao certame e destaca no seu fallo a "elaborada construción dramática, concretada en varios aspectos que van desde un arranque impactante que consegue manter a emoción e o interese ao longo de toda a peza".
Do mesmo xeito, apunta a "traballada definición dos personaxes, as atmosferas e o xogo simultáneo de diálogos que fan que a acción avance con tensión dramática até o remate", méritos aos que suman a calidade da lingua empregada e o tratamento de temáticas complexas.
Castro, que xa levara galardóns como o Varela Buxán e Vidal Bolaño de textos teatrais, recibirá un premio de 6.500 euros en metálico e verá a súa obra publicada. Mabel Rivera, Marga do Val, Carlos VizcaÃno Fernández, Marta Pérez e Ernesto Is foron as persoas responsables da selección.