A organización do Resurrection Fest de Viveiro arrincaba con forza os anuncios sobre a vindeira xeira do evento o pasado venres a adiantar a presenza de System of A Down como cabeza de cartel. O festival de Viveiro contará coa única actuación da banda a nivel estatal durante o ano. A este adianto sumábase na mañá deste 23 de setembro o anuncio dunha longa lista de confirmacións que visitarán Viveiro entre os vindeiros 1 e 4 de xullo. Os veteranos Judas Priest, canda a Korn, Meshuggah, Heaven Shall Burn, Sepultura, Madball, Jinjer, Dark Funeral ou Amenra súmanse á proposta de saÃda como principais nomes internacional. A estes engádense propostas como os españois Hamlet, Blowfuse ou Onza entre moitos outros. As entradas poranse á venda o vindeiro 1 de outubro.