O Instituto de Estudos Miñoráns facÃa público esta semana o gañador do XII premio Vitoriano Taibo de PoesÃa, que convoca esta entidade en colaboración co Concello de Gondomar. Francisco Javier Fernández Davila (Vigo, 1974) foi o vencedor do certame co seu poemario Mover os marcos, unha obra que lle reportará 3.000 euros e que será publicada polo IEM. O traballo de Fernández foi seleccionado por un xurado composto por Laura Ramos, Isabel Blanco, Miguel Anxo Mouriño, Iria Misa, Xulián Maure, Edurne Baines e mais Paula Cabral como secretaria fronte ás outras dúas finalistas, Parafilias e Unha muller pola metade.