O 28 Festival Internacional Outono de Teatro (Fiot), regresa a Carballo do 27 de setembro ao 1 de novembro poñendo o foco no teatro social e sitúa o feminismo, as periferias e os colectivos que a sociedade mantén as marxes no centro da súa acción baixo o paraugas das #MIRADASFIOT. Con esta cita, impulsada pola Asociación Cultural Telón e Aparte e co-organizado polo Concello de Carballo, a vila convértese un ano máis, no corazón outonal do teatro en Galicia, coa programación de 38 espectáculos, dos cales 9 son estreas absolutas e 8 estreas no país. Carmen Maura, Teatro Kamikaze, Cándido Pazó, Quico Cadaval, Tito Asorey, Carolina Román, Álvaro Tato ou a Companhia do Chapitô formarán parte dunha edición que achegará ao público, de novo, o máis relevante da escena galega e estatal contemporánea, ademais de propostas internacionais chegadas de Portugal e Israel. No marco desta programación, o Outono de Teatro, achegará á cidadanía múltiples propostas de dinamización cultural, como exposicións, encontros con artistas, teatro de rúa, microteatro, debates e un circuíto gastronómico de inspiración teatral, logo de cada función, nos bares de Carballo.
O FIOT seguirá a apostar por un dos seus sinais de identidade como é o fomento e o apoio estable á difusión da creación escénica en Galicia a través da coprodución de dúas obras que terán a súa estrea absoluta durante o festival. É o caso de Medida x medida, nova creación de Producións Teatrais Excéntricas que abrirá o Programa de Sala o venres 4 de outubro. Nela o director Quico Cadaval aborda a obra de William Shakespeare engadindo o seu toque persoal. A segunda das coproducións do FIOT que se estrearán será O electo, unha comedia política de Contraproducións dirixida por Cándido Pazó e que conta coa coprodución da catalá Focus, poderase ver os días 25 e 26 de outubro no Pazo da Cultura de Carballo. O FIOT dará continuidade á procura de novas fórmulas de cooperación a través da colaboración coa compañía madrileña El Sol de York que traerá a Carballo o 18 de outubro a estrea absoluta da obra Chicas y chicos que, baixo a dirección de Lucía Miranda, reflexionará sobre a violencia machista a través do percorrido vital da protagonista. Tamén xerará moita expectación entre o público do FIOT a representación de Fariña, a nova creación de Undodez Producións, que ten como protagonista a Xosé Antonio Touriñán. Baixo a dirección de Tito Asorey, a produtora de Touriñán presenta unha obra de gran formato, baseada no ensaio do xornalista coruñés Nacho Carretero, que porá o broche de ouro á presente edición do festival o día 1 de novembro.
Homenaxe a Celso Parada
As propostas máis singulares e vangardistas chegarán da man dos ciclos Micro-escenas Metro Cadrado e OTNI, que ten no israelí Kulu Orr e na peza A.K.A (Also Known As) dúas propostas destacadas; mentres que a programación xuvenil fioTEEN acollerá a estrea en Galicia da gañadora do Premio Max ao mellor espectáculo xuvenil Dados, de Padilla e Ventrículo Veloz. O ciclo Rúa dos Contos de narración oral, contos e monólogos acollerá a estrea da nova obra do humorista Pedro Brandariz, Un conto de michos. Ao longo de tres fins de semana, artistas como Carlos Blanco e o asturiano Rodrigo Cuevas, Xurxo Souto, ArtesaCía, Carmen Conde, Tito Rober, Oswaldo Digón, Patty Diphusa, María da Pontragha, 3 Patas e Federico Pérez ofrecerán diversos espectáculos repletos de humor e provocación a través dun formato de proximidade co público nos locais de hostalería e o mercado municipal. Ademais, o FIOT quere recordar este ano ao recentemente finado actor e director Celso Parada, ao que renderá homenaxe cunha exposición que percorre os trinta anos de Teatro do Morcego, a compañía que el fundou, a través de pezas históricas de vestiario, escenografía ou dramaturxia dos 31 espectáculos producidos ao longo da súa traxectoria. A actriz Patricia de Lorenzo, de Chévere, recibirá o galardón Xograresa de Outono como recoñecemento á súa destacada contribución ao desenvolvemento do teatro galego.