A Lei de Espectáculos de Galicia segue a traer preocupacións ao sector da música nos desenvolvementos normativos que a complementan. A pasada semana a Xunta de Galicia someteu a trámite de información pública o proxecto de Decreto polo de catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público de Galicia e en relación a este o proxecto de orde que determina os horarios dos establecementos e dos espectáculos públicos. Non tardou a Asociación de Salas de Concertos - Clubtura en sacar un comunicado de disconformidade en relación a este último documento avanzando a presentación dunha alegación. A orde recolle un horario xeral de finalización de espectáculos teatrais e musicais das 3.30 horas da mañá. Segundo Clubtura a atribución ás salas de concertos dun horario de peche das 4 da mañá supón unha "discriminación" xa que non lles permite optimizar a parte hostaleira da súa explotación e as prexudica respecto a salas de festa e discotecas, que tamén poden levar a cabo concertos e ter un horario de peche de 5.30 horas da mañá. A categoría de Salas de Concertos é unha novidade que inclúe a orde de horarios -que ven substituír a aínda vixente Orde de 16 de xuño de 2005- dentro do apartado de Establecementos para actividades culturais e sociais, mentres que as Salas de Festa, Discotecas e Cafés-espectáculos (categoría que engloba os anteriores café-concerto, café-teatro e café-cantante) están dentro do apartado de Establecementos de ocio e entretemento. Desaparece tamén no proxecto presentado pola Xunta a categoría de Salas de actuacións que tiña un horario de 2 da mañá dentro do epígrafe Espectáculos teatrais e musicais da orde de 2005.
En declaracións a Cultura Galega, María Nieto, xerente de Clubtura, asegurou que non é intención da asociación con esta alegación que se restrinxa a outros establecementos a celebración de concertos en directo, senón mellorar as posibilidades para as salas, que teñen como obxecto principal e motivo de existir a programación regular de música en directo, de asumir a competencia con outros establecementos que poderían existir igualmente sen facelo xa que no seu caso son eventos esporádicos, pero contra os que obviamente teñen que competir á hora de programar e de acoller actuacións. Moitos dos espazos que agora pasarían a ser Salas de concertos neste novo catálogo virían de anteriores licencias como Salas de Festa e Discoteca co cal ademais verían como os seus horarios de explotación se reducen negativamente nunha hora e media se entra en vigor esta orde, igualmente aqueles que funcionasen agora como café-concerto, que tamén se lles reduciría nunha hora. Para Clubtura, o feito de non recoñecer ás salas de concertos como únicos locais capacitados para albergar música en directo é incompatible co feito de pretender reducir o seu horario. Por iso, desde a asociación de salas anuncian que esixirán á Xunta que todos os locais aos que se lles permita organizar espectáculos en vivo conten co mesmo horario de apertura.
Comunicado Clubtura.En declaracións a Cultura Galega, María Nieto, xerente de Clubtura, asegurou que non é intención da asociación con esta alegación que se restrinxa a outros establecementos a celebración de concertos en directo, senón mellorar as posibilidades para as salas, que teñen como obxecto principal e motivo de existir a programación regular de música en directo, de asumir a competencia con outros establecementos que poderían existir igualmente sen facelo xa que no seu caso son eventos esporádicos, pero contra os que obviamente teñen que competir á hora de programar e de acoller actuacións. Moitos dos espazos que agora pasarían a ser Salas de concertos neste novo catálogo virían de anteriores licencias como Salas de Festa e Discoteca co cal ademais verían como os seus horarios de explotación se reducen negativamente nunha hora e media se entra en vigor esta orde, igualmente aqueles que funcionasen agora como café-concerto, que tamén se lles reduciría nunha hora. Para Clubtura, o feito de non recoñecer ás salas de concertos como únicos locais capacitados para albergar música en directo é incompatible co feito de pretender reducir o seu horario. Por iso, desde a asociación de salas anuncian que esixirán á Xunta que todos os locais aos que se lles permita organizar espectáculos en vivo conten co mesmo horario de apertura.
A ASOCIACIÓN GALEGA DE SALAS DE CONCERTOS NON ESTÁ CONFORME COS HORARIOS PROPOSTOS POLA XUNTA NO NOVO CATÁLOGO DE ACTIVIDADES