O lalinense García-López entra no Salón da Fama dos premios Eisner

O autor de banda deseñada fixo unha extensa carreira traballando nas principais series de DC Comics

 José Luis García-López en New Jersey 2016 asistindo á East Coast Comicon                                               Foto: © Luigi Novi / Wikimedia Commons, CC BY 3.0,
José Luis García-López en New Jersey 2016 asistindo á East Coast Comicon Foto: © Luigi Novi / Wikimedia Commons, CC BY 3.0,
O debuxante de banda deseñada José Luis García-López, (Lalín, 1948) ven de ver recoñecida a súa traxectoria ao incluírselle no Salón da Fama dos premios Eisner, os galardóns máis importantes da banda deseñada mundial, equivalentes aos Oscar cinematográficos. O nome de García-López foi escollido por un proceso de votación popular para ser incluído nesta exclusiva lista honorífica que foi coñecida durante a Comic-Con de San Diego en California. García-López naceu en Lalín pero pronto marchou cara a meigración na Arxentina, onde comezou a debuxar con trece anos e onde logo comezou a desenvolver a súa carreira profesional con personaxes que se fixeron emblemáticos como Roland, el corsario con guións de Hector G. Oesterheld. O seu trazo e técnica elegantes o levaron no ano 1974 aos EE.UU. onde comezou a traballar para DC Comics, debuzxando seies das súas personaxes máis importantes como Supermán, Batman, Wonder Woman, Tarzán, Hawkman ou Jonah Hex e outras series posteriormente como Atari Force, Deadman ou os Neww Teen Titans, entre outras. O seu elegante estilo artístico e aínda hoxe en día un referente que ten influencia en moitas das publicacións de DC Comics.