A relación dos patrimonios cultural, natural e inmaterial é o eixe do proxecto Imaxinando Compostela que presentaba onte o Consorcio de Santiago. Unha serie de exposicións a reunir artistas de diferentes xeracións poderán verse ata o vindeiro ano Xacobeo 2021 na capital do país. Polo momento están confirmadas as catro primeiras mostras do proxecto, co nexo da paisaxe como motivo simbólico. Figurando lembranzas, que abría as súas portas a pasada semana na Fundación Granell é a primeira destas propostas, que recolle obras de pintores exiliados e emigrados en Latinoamérica. Abreu Bastos, Ángel Botello, Arturo Souto, Castelao, Eugenio Granell, Isaac Díaz Pardo, Laxeiro, Maruja Mallo, Luís Seoane, Manuel Pailós e Mario Fernández Granell encóntranse neste proxecto que se poderá ver ata o vindeiro mes de setembro.
Para esta semana está prevista a apertura, na Casa do Cabido de A paisaxe e a súa pegada I, na que se poderán ver traballos dos fotógrafos Alberte Peiteavel, Javier Teniente, Sheila Pazos e Tino Viz sobre a paisaxe do Camiño de Santiago e da cidade. No mesmo lugar, a partir de outubro poderá verse A paisaxe e a súa pegada II, con instantáneas de Xoán Soler, Andrea Costas, Eva Díez e Denís Estévez.
De cara a 2020 o proxecto adianta, tamén para a Casa do Cabido Tempo no Camiño, unha exposición que tratará "o concepto do territorio como identidade común" a través de artistas que traballan cos elementos da natureza. Xa para o período 2020-2021 o programa desenvolverá en diferentes espazos públicos da cidade a iniciativa Arte na rúa, na que o Camiño de Santiago será o fondo das propostas creativas.