Un libro estuda a nova era xeolóxica do Antropoceno desde Galicia

O libro pódese descargar de balde no web do CCG

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

En 2017, pouco máis dun ano despois de que no 35th International Geological Congress se emitira un informe provisional favorable a que o Antropoceno fora considerada unha nova época xeolóxica distinta ao Holoceno actual, o Consello da Cultura Galega celebrou unha xornada no qu se debatía ao redor do Antropoceno e como podía ser comprendido en Galicia. Desta xornada sae este libro, que reúne artigos de científicos ao redor do impacto do home no Sistema Terra. Nos traballos presentados, advírtese en Galicia unha correspondencia coa data establecida a nivel mundial para o inicio desta era: 1950, na que os diferentes indicadores estudados reflicten unha "grande aceleración" nos indicadores de explotación do medio. O libro O Antropoceno e a "Grande Aceleración". Unha ollada desde Galicia, coordinado por Francisco Díaz-Fierros Viqueira, reúne artigos que tratan, desde unha ollada galega, sobre os recursos enerxéticos, as repoboacións fortestais, os encoros, a degradación do sistema biolóxico fluvial, dos residuos ou das aves. Pódese descargar de balde no web do CCG

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Díaz-Fierros, Consello da Cultura Galega

Claves

Protagonistas