Un clásico da serie Astérix, Astérix en Britania, con tradución de Xavier SenÃn e Isabel Soto, e mais a segunda entrega da colección Animalia, do galego Xosé Tomás, son os novos lanzamentos de banda deseñada que acaba de presentar Xerais. Neste volume, titulado Branco e ambientado nos polos, o debuxante continúa a desenvolver historias de humor cos animais como protagonistas e co cambio climático como transfondo.
Pola súa banda, Galaxia acaba de presentar Troglo & Dita, segunda obra de Alfonso Barreiro Fon. A obra recolle historias de humor ambientadas na prehistoria na que os seus protagonistas se enfrontan a diferentes problemas e conta cun total de 76 páxinas a cor.
Pola súa banda, a editora coruñesa Bululú lanza Unha mestra en apuros segunda banda deseñada de Jorge Campos logo de Alter Nativo. Desta volta o debuxante traballa sobre guións de Pilar Serrano para amosar as vivencias no ensino dunha docente de primaria con moita ironÃa e para todos os públicos. A obra conta con edicións en castelán e en galego.