Son 200 persoas, no principal evento académico sobre a cultura galega que se celebra fóra das nosas fronteiras. Este ano, a Asociación Internacional de Estudios Galegas celebra o seu congreso en Barcelona entre hoxe e o sábado. A muller como obxecto de estudio, a evolución do discurso feminista e de xénero son algúns dos elementos que se debaten neste evento da modernidade do noso pensamento.
A contemporaneidade reserva unha cita de orde global A contemporaneidade reserva unha cita de orde global para a cultura galega esta fin de semana en Barcelona: o VII Congreso Internacional de Estudios Galegos. Cando a nosa cultura transcendeu da súa raÃz oral e se converteu en obxecto de estudio estructurado nas universidades do mundo, os diferentes especialistas comezaron a organizarse entre si. En 1985 un grupo de profesores universitarios organizaron na Universidade de Maine, nos Estados Unidos, o “First Galician Studies Conference”, o Primeiro Congreso de Estudios Galegos. NacÃa este concepto tan habitual nas universidades anglosaxonas: os estudios sobre unha cultura, un paÃs, unha lingua determinada. E nacÃa a Asociación Internacional de Estudios Galegos (AIEG), unha entidade transdisciplinar que vertebra e pon en contacto a especialistas en humanidades galegos ou estranxeiros, vinculados polo seu traballo arredor da cultura do paÃs. A súa actual presidenta é a norteamericana Kathleen March, despois da morte accidental do investigador Xoán González Millán en novembro do 2002.
E non é só unha asociación de filosofÃa transdisciplinar, senón tamén transfronteiriza. A Asociación Internacional está artellada como un espacio horizontal, moi pensado para os novos tipos de ligazóns que se establecen entre os investigadores na nova Sociedade da Información. Por exemplo, a AIEG emprega as novas tecnoloxÃas como canle de comunicación rápida entre os seus asociados ao longo do mundo. Non se trata unicamente da mensaxerÃa electrónica, amplamente estendida no mundo universitario, senón da creación dunha plataforma de difusión e intercambio das ideas: asà xurdiu a canle Estudios Galegos de Vieiros. A AIEG tamén chegou a un acordo co Consello da Cultura Galega para obter un maior apoio loxÃstico e económico nas súas actividades,
Mecánicas multipolares
Na mecánica da Asociación, cada tres anos un centro de investigación, nun sitio diferente do mundo, organiza o congreso internacional, o gran punto de encontro dos membros da entidade. O “nomadismo” do Congreso xa levou noutras ocasións este debate sobre a cultura aos Estados Unidos, Trier e A Habana. O congreso adoita sumar grandes cifras para o que son este tipo de xuntanzas: este ano, douscentos asistentes falarán en Barcelona sobre “Mulleres en Galicia” e “Galicia e os outros pobos da penÃnsula” e realizarán unha mesa redonda como “Homenaxe a Xoán González-Millán”. Este ano, a maior parte dos participantes inclinaranse polo tema “Mulleres en Galicia”. Segundo os organizadores, “nunha ollada retrospectiva veremos que a feminidade semella omnipresente nas marcas identitarias de Galicia (a matria, a singularidade de RosalÃa, o matriarcado, etc.) Propoñemos que todos os estudiosos, sexan homes ou mulleres, participen na revisión crÃtica da presencia das mulleres ao longo da historia”. A aproximación sobre a muller en Galicia provén dende diferentes perspectivas: dende a comunicación, Margarita Ledo, dende os estudios de feminismo e “queer”, Beatriz Suárez Briones, desde a creación MarÃa RuÃdo, da Universidade de Barcelona e dende a historia, a profesora da Universidade de Santiago Pilar Cagiao. Este papel central que se lle asignou aos estudios da muller neste congreso plásmase tamén na conferencia inaugural, impartida polos profesores Giuseppe Tavani –un dos mellores coñecedores da lÃrica galego-portuguesa– e o galego Basilio Losada.
A vocación internacionalista da AIEG plásmase na mesa redonda “Galicia e os outros pobos da PenÃnsula”, na que participan destacados intelectuais como Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega, Ramón Villares, catedrático da Universidade de Santiago e director do Arquivo da Emigración Galega, VÃctor Freixanes, profesor da Universidade de Santiago, membro do Consello da Cultura e escritor, Enric Ucelay da Cal, da Universidade Autónoma de Barcelona e Manuel González, director do Centro Ramón Piñeiro.
Transfronteirismo en Barcelona
Segundo os organizadores, “este congreso ten unha especial relevancia porque se marca como obxectivo abrir unha vÃa nova de interese polos estudios galegos e polas actividades da AIEG desde o ámbito catalán”. En realidade, os contactos entre a cultura galega e o ámbito universitario catalán xa veñen de vello: en 1968, o profesor Basilio Losada fixérase cargo das clases de lingua e literatura galega e portuguesa e no ano 1981 a licenciatura en FiloloxÃa Románica, subsección de FiloloxÃa Galego-Portuguesa foi creada. Xa no 1994, mercé a un convenio coa Xunta de Galicia, a Universitat de Barcelona é a única universidade non galega con dúas titulacións de FiloloxÃa Galega e FiloloxÃa Portuguesa. A titulación funciona en Barcelona con natureza investigadora, pero tamén divulgadora, apoiando os estudiantes que queren comezar a súa actividade académica e de investigación en Galicia.