Ficomic, entidade que organiza anualmente o Saló del Còmic de Barcelona, rebautizado este ano como Cómic Barcelona, acaba de facer pública a listaxe de finalistas aos seus galardóns anuais. Desta volta, a presenza galega fica reducida á candidatura de Altar Mutante que opta a se facer, por segundo ano consecutivo, co premio ao mellor fanzine do ano. A publicación coruñesa compite coas cabeceiras Insert coin, La máquina de albóndigas, Materia oscura e Saxifono. Outra obra El espÃritu del escorpión, con guión do vigués de Fernando Llor pode reportarlle ao seu debuxante, o madrileño Pablo Caballo, o premio ao mellor autor revelación. A selección das candidaturas realizouse por votación dun comité de especialistas, e os gañadores serán escolleitos por un xurado de profesionais do sector. Os premios entregaranse durante o transcurso do salón, entre o 5 e o 7 de abril vindeiros.
Llor acaba de presentar tamén La Pieza. Esta obra publicada por Universal Cómics con guión do vigués conta con debuxo de Rafael Vargas e cor de José Expósito para narrar a historia dunha suposta conspiración para roubar o Gernika de Picasso en plena Guerra Civil.
En paralelo, o ourensán David RubÃn acaba de presentar a edición española de Ether 2. Los gólems de cobre. A editora vasca Astiberri lanza o segundo arco argumental da serie que o galego desenvolve sobre guións de Matt Kindt e que viu a luz orixinalmente en Estados Unidos da man de Dark Horse Cómics.