O poeta chileno Raúl Zurita (1950) é xa o primeiro residente do espazo de acollida creativa Residencia Literaria 1863, aberto pola escritora Yolanda Castaño na rúa de Rego de Auga na Coruña. Zurita, Premio Nacional de Chile e Premio Iberoamericano Pablo Neruda, xa se encontra na Coruña inaugurando este espazo dedicado ao fomento e a expansión da literatura. Raúl Zurita foi torturado pola dictadura de Pinochet e, convertido nunha das máis importantes voces poéticas contemporáneas, e ten chegao a realizar accións poético-performáticas tan impactantes como queimar a súa meixela esquerda, escribir versos no ceo neoiorquino, nos cantÃs chilenos ou no deserto de Atacama.